O Instituto RosalÃa de Castro en Santiago de Compostela acollÃa este 3 de novembro a presentación do fallo do vixésimo sexto Premio Literario San Clemente RosalÃa-Abanca. O galardón, que outorga unha representación do alumnado de segundo de bacharelato dunha decena de institutos galegos, foi para a novela Flores de ferro, de MarÃa Rei Vila na categorÃa de lingua galega. O xurado destacou a trama "moi complexa" que se desenvolve "en dous espazos temporais".
Na mesma categorÃa quedaron finalistas Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga e Illa decepción, de Berta Dávila. O comité de selección escolleu tamén a obra Donde cantan as baleas, de Sara Jaramillo como a mellor a concurso en lingua castelá, mentres a islandesa Audur Ava Ólafsdóttir impúxose na categorÃa internacional coa súa novela La escritora. O acto de entrega dos galardóns, aÃnda sen data, desenvolverase coa presenza dos galardoados, e agárdase tamén contar nela cos autores premiados na edición de 2020, aÃnda pendente de entregar.
Na escolla do galardón participou alumnado do IES Pontepedriña e do IES RosalÃa de Castro de Compostela, o IES Ferro Couselo de Ourense o Xulián Magariños de Negreira o Pintor Colmeiro de Silleda e o Vilar Ponte de Viveiro. Canda aos centros galegos fixeron parte da selección o IES Ramiro de Maetzu de Madrid, o Hockerill Anglo European College de Londres, o Lycée Saint François de Vannes e mais o Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen.