Unha comisión do Parlamento estudará a modificación da letra do himno

Os tres grupos da cámara solicitaron por xunto a creación deste organismo

Os portavoces dos tres grupos parlamentarios presentes na cámara galega, o Grupo Parlamentario Popular de Galicia, o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego e o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, solicitáronlle á mesa desta institución da creación dunha "Comisión non permanente especial de estudo sobre a posible modificación
da letra do himno de Galicia".


A solicitude rexistrouse con data do 17 de outubro coas sinaturas de José Alberto Pazos Couñago, Ana Pontón e Luis Manuel Álvarez Martínez. A proposta deberá agora ser cualificada pola Mesa do Parlamento de Galicia e a partir dese momento comezar á a súa tramitación.

Este iniciativa quere abordar a posibilidade de corrixir a letra do himno de diferentes deturpacións detectadas no mesmo. A creación desta comisión suxeriuse, da man dos grupos do PP e do PSdeG, no debate que se produciu na cámara o pasado mes de setembro sobre dunha iniciativa lexislativa popular con este mesmo obxecto. Naquel momento os dous grupos sinalaran que un procedemento deste tipo facilitaría o consenso e o debate sobre as correccións que debería sufrir a letra para se axeitar ao texto orixinal de Pondal.