O BNG deslígase da ponencia para a reforma da CRTVG

Este grupo parlamentario ofrecerá esta semana a súa proposta

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Non foi o procedemento para nomear ao director –xerente da CRTVG, senón as “diferencias de fondo” as que fixeron que o BNG abandonara a ponencia para reforma da Lei da Compañía da CRTVG. Deste xeito queda paralizada a posibilidade de modificar, por consenso, a Lei 9/1984 que regula a organización dos medios públicos agrupados na CRTVG (ou sexa, a TVG e a Radio Galega). Segundo declarou a deputada nacionalista Ana Pontón o texto non era moi ambicioso en canto a promoción do idioma e non apostaba por unha verdadeira rexeneración democrática. Este grupo parlamentario ofrecerá esta semana a súa propia versión para a reforma.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, BNG, Radio Galega, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)