As emisións monolingües marcan o límite dos nacionalistas para sumarse ao pacto da CRTVG

Lamentan que o texto non contemple a creación do Consello Galego do Audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O BNG saliu onte, en palabras do seu voceiro Guillerme Vázquez, a denunciar “presións” para sumarse ao consenso do PPdeG e PSdeG sobre a reforma da CRTVG. Vázquez deixou moi claro que un dos desencontros entre o seu partido e o resto para aceptar ese texto pasan pola defensa do idioma. “Se a CRTVG non é monolingüe en galego non sei que papel vai poder xogar” alegou Vázquez. Pola súa banda, Ana Pontón criticou o poder “ilimitado” que se lle dará ao director xeral do ente e lamenta que non apareza a creación do Consello Galego do Audiovisual.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, PsdeG, BNG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)