Rafael Fernández Lorenzo gaña o XVII Premio Raíña Lupa

A novela gañadora 'As pedras verdes' está ambientada na conquista de América

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Rafael Fernandez Lorenzo

Rafael Fernandez Lorenzo

O XVII Premio "Raíña Lupa" de literatura infantil e xuvenil convocado pola Deputación da Coruña xa ten gañador: o escritor Rafael Fernández Lorenzo (Cangas , 1962) coa obra "As pedras verdes", unha novela que conta a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual cun relato no que a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais. O xurado salientou da obra premiada "o tratamento da diversidade lingüística e a creación dun mundo fantástico propio para achegar ao lector unha cultura indíxena de ultramar a través dun exercicio literario moi evocador". Rafael Fernández Lorenzo é escritor e colabora en diversos medios con artigos de creación e crítica literaria. A súa obra está traducida ao éuscaro, portugués, catalá e castelán. O premio que acaba de recibir está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra.

Que che parece esta nova?
121 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rafael Fernández Lorenzo, América, Portugués, Literatura...

Claves

Lugares