Este 7 de outubro o Centro Cívico de Canido, en Ferrol, acollerá a celebración do primeiro Día da Crianza Galegofalante. Esta actividade, que botará a andar ás 12 horas, supón a presentación do colectivo Brincarmos, que nace coa intención de favorecer o uso do galego na infancia.
Integrado na Fundaçom Artábria, Brincarmos, segundo explica a presentación desta iniciativa, xorde dun grupo de familias que procura referentes da idade das súas crianzas para reforzar o uso do galego entre elas. Coa intención de promover "um espaço seguro para elas e para a língua", o colectivo "quer tecer comunidade, fazer tribo".
O programa comezará cun obradoiro de danza en familia e inclúe foliada, xantar, un pregón a cargo da escritora Ánxela Loureiro, unha presentación do libro Saínza, a punkiereteira co ilustrador Cristian F. Caruncho e unha actuación de clown a cargo de Pajarito.
A elección da data conmemora o acto no que se empregou por vez primeira a lingua galeg na oratoria pública no concello de Ferrol. Foi 4 de outubro de 1908 cando Rodrigo Sanz e Lugrís Freire, deron os seus discursos na nosa lingua nun acto agrarista. A actividade conta co apoio da Deputación da Coruña e mais da asociación veciñal de Canido.
Para alén desta celebración, Brincarmos organiza clases de música tradicional para a financia e desenvolve un programa en Radio Filispim que contará coa participación de crianzas.