Nace Catro Ventos, unha editorial orientada á sustentabilidade

Presenta hoxe en Vigo o seu primeiro título, Transición ecolóxica

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace Catro Ventos, unha editorial orientada á sustentabilidade

Economía social, ecoloxía, consumo responsable, crianza alternativa e dereitos humanos son os eixes que define Catro Ventos. O novo proxecto editorial que se presenta hoxe nace coa intención de cubrir un oco no mercado literario galego encol destes ámbitos. O coworking Espazo Nido, en Vigo, acolle esta tarde a presentación do primeiro volume desta iniciativa, Transición ecolóxica. Manual de uso, unha tradución da obra de Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux e Wojtek Kalinowski. Para vindeiras datas, a editora anuncia o volume colectivo A ruta dos refuxiados de Unai Beroiz, Felipe Carnotto, Adrián Irago, Cristian López e Juan Teixeira, o DVD Mañana e os títulos Limpeza creativa e Biodiversidade.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Tradución, DVD, Economía

Claves

Lugares