O colectivo Clara Corbelhe celebra en Pontevedra a súa II Jornada de Estudo

Desenvólvese o 7 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O colectivo Clara Corbelhe celebra en Pontevedra a súa II Jornada de Estudo

Co título "O político e os seus limites: olhadas desde a Galiza contemporânea" o Espaço Clara Corbelhe, que edita a revista do mesmo nome, celebra este sábado 7 de outubro en Pontevedra a súa II Jornada de Estudo. A analizar a posición da politica na sociedade actual, nun contexto no que "o político está sendo deslocado e despolitizado", esta iniciativa abordará cuestións ambientais, os límites políticos do Estado ou a situación do rural.

Borxa Colmenero abrirá a xornada a falar sobre "Abalarmos o político: da radicalidade de uns estudos emancipatórios galegos". Unha análise sobre "A Galiza no novo regime climático" a cargo de Brais Estévez Vilariño e un encontro entre Albert Botran e Antom Santos arredor de "as teses autodeterministas e os limites do político no Estado espanhol" finalizarán a sesión da mañá.

Na tarde Helena Martínez e Ana Cabana protagonizan un encontro sobre "olhadas da Galiza rural das perspetivas histórica e socioeconómica", mentres Pablo García fecha o programa a realizar "unha lectura guiada d'A Soldadeira, de Luís Seoane".

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Clara Corbelhe 5

Quiosco: Clara Corbelhe 5

A presentación da entrega coincide coa posta en marcha do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos

Quiosco: Clara Corbelhe 2

Quiosco: Clara Corbelhe 2

A publicación analiza a relación entre ideoloxía, bloques de poder e institucións no noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo da Cultura de Pontevedra, Luís Seoane

Claves

Protagonistas
Lugares