A Xunta restaura dúas capelas da Catedral de Santiago

Un investimento de 250.000 euros financia uns traballos que prevén rematar en 2024

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Capela do Salvador. Fonte: Wikimedia Commons. Autor: José Luis Filpo Cabana.

Capela do Salvador. Fonte: Wikimedia Commons. Autor: José Luis Filpo Cabana.

As capelas do Salvador e de San Bartolomé, na xirola da Catedral de Santiago, están en obras. Os traballos de restauración que a Xunta de Galicia financia con 250.000 euros pretenden restaurar as pinturas murais e os retablos destes espazos, así como facer un estudo da policromía da tribuna da xirola e dos relevos pétreos achados durante as actuacións arqueolóxicas realizadas na zona da cripta. As obras, que se prevé estean finalizadas no primeiro trimestre de 2024 fan parte do Plan Catedrais, que conta cun orzamento de 36 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos