Vicente Vázquez gaña o IX Premio de relato curto Nortear

O melidense imponse no certame luso galego para autores de menos de 36 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Vicente Vázquez

Vicente Vázquez

O melidense Vicente Vázquez (Melide, 1992) ven de facerse co premio de relato curto Nortear, impulsado pola Xunta xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, pola súa obra 'Profundo sen nome'. O certame Nortear, que este ano vai pola súa novena edición, está limitado á participación de autores de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal. O relato gañador destaca, segundo o xurado, polo seu carácter "innovador cunha nova realidade virtual, que revisa unha existencia potencial en mundos paralelos, onde o mundo real contamínase na reconstitución dun pasado, desde o presente, a partir do diálogo virtual entre un fillo e o seu pai morto". A acta do xurado amosa que na súa selección de entre os 40 traballos presentados viron neste relato "a mestría do autor nunha narrativa, con bo ritmo, linguaxe e estilo, onde a nostalxia por un tempo perdido, tras a morte dun familiar, capturan a atención do lector do inicio ao fin". O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación nas linguas galega e portuguesa. Vicente Vázquez estudou Linguas e Literaturas Modernas na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo en 2015 o accésit do Certame de Poesía Francisco Añón con 'Ani(vers)ario' (Micromundos, 2017) e ten outra obra 'Os afluentes' (Tulipa, 2018) publicada en francés e galego.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Vázquez, Melide, Norte de Portugal, Morte...