A escritora Yolanda Castaño acada o Premio Nacional de PoesÃa 2023, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra Materia (Edicións Xerais) a proposta do xurado reunido hoxe, mércores. Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) xa obtivo con Materia o Premio da CrÃtica española deste ano ao mellor libro de poesÃa en galego. No relativo á obra premiada, en Materia a autora explora a memoria histórica familiar e os clarescuros da renuncia á maternidade cunha proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun propio ton. Xustamente o xurado destacou o libro "pola poderosa proposta poética na que cada estado da materia exprésase nun ton propio, con poemas dunha metafÃsica doente e orixinal, que apunta tanto á vangarda como á orixe cunha extraordinaria forza evocativa e sensorial". Ademais, tamén quixo destacar o xurado que "en Materia, Yolanda Castaño amósanos unha poesÃa metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva e, á vez, directa, radical e feminista. Explora, de xeito non compracente, temas como a maternidade, a familia e os costumes e logra sacar a realidade da súa nebulosa habitual para concretala en materia lingüÃstica, destacando o xogo verbal e rÃtmico que cuestiona o establecido". O premio está dotado con 30.000 euros.
Materia é o sétimo libro de poesÃa de Castaño, publicado en xuño do pasado ano tras oito anos sen presentar ningún libro de poesÃa para público xeral adulto. Como vén sendo habitual na traxectoria da tamén xestora cultural, a súa obra está editada tamén nunha edición bilingüe galego-castelán que inclúe a tradución da propia autora, polo selo Visor Libros para o resto de España e Latinoamérica. Ademais diso hai unha versión en formato audiolibro, a primeira que fai a escritora, baseado na escoita dos poemas que o compoñen, recitados pola propia Castaño sobre suxestivas atmosferas sonoras expresamente creadas para cada peza polo seu irmán, Alberto Castaño, a carón doutros colaboradores.