Olga Novo recibe o Premio Nacional de Poesía

O xurado valorou o poemario Feliz idade publicado por Kalandraka

15/10/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A escritora Olga Novo acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Cultura. O xurado escolleu a obra Feliz idade coma a mellor obra poética do ano destacando que se trata "dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis alá do tempo e relaciona a maternidade e a morte cunha profunda presenza crítica da memoria histórica". Feliz Idade foi publicada por Kalandranka na colección Tambo. O Premio Nacional de Poesía está dotado con 30.000 euros. Cómpre destacar que a pasada edición do premio foi tamén para un poemario en galego: Tempo fósil de Pilar Pallarés.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Olga Novo, Kalandraka, Pilar Pallarés...