A firma Rinoceronte Editora publicaba este 26 de setembro, a coincidir do DÃa Europeo das Linguas, dous novos dicionarios en liña que se suman ao Dicionario Castelán-Galego que xa estaba dispoñible na rede e que tamén ampliou. Un Dicionario LatÃn-galego, con máis de 24.000 entradas e mais un Dicionario Etimolóxico que inclúe 4.000 son as novidades que están a libre dispor das persoas interesadas.
Segundo explicou a editora na súas redes sociais "ao longo destes últimos meses fomos mellorando e aumentando o número de entradas no Dicionario Castelán-Galego, con todas as achegas que nos fostes enviando e cuestións que foron xurdindo no noso traballo de tradución e revisión normativa".
Canda a este, o proxecto dedicado ao latÃn está baseado "na aplicación para dispositivos móbiles Latingal, desenvolvida a iniciativa conxunta de José Carracedo Fraga e Raúl Gómez Pato", mentres o espazo centrado na etimoloxÃa débese ao traballo de David Rebolo Magariños e en breve acompañarase dunha bibliografÃa.
De xeito paralelo, o Centro de Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro presentaba este 24 de setembro Galita, un dicionario galego-italiano que está dispoñible na web. A obra, dirixida pola catedrática emérita da USC Isabel González, contén case 15.000 palabras e o dobre de equivalencias. O dicionario está deseñado "para o estudantado galego de filoloxÃa italiana, para os estudosos das filoloxÃas románica e galega e, en xeral, para o público galego que desexe aproximarse ao idioma italiano" segundo explica o centro.