Pontevedra ultima a súa oferta cultural para os próximos dous meses

Jazz, teatro e Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O teatro, o jazz, as actividades infantís e a figura de Castelao conforman a programación cultural de Pontevedra para o que resta do ano. Dentro da axenda, os escolares son obxecto dunha especial atención, con obras de teatro en horario lectivo e visitas guiadas polos roteiros Castelao.,

Teatro para grandes

Dentro da programación teatral destinada princiapalmente a adultos, o Teatro Principal acollerá a representación de O lapis do carpinteiro, montaxe do grupo Sarabela teatro sobre a novela de Manolo Rivas. Ademais, o dúo humorístico Mofa e Befa, realizará o seu espectáculo Finis Mundi Circus, e a compañía Teatro do Atlântico de A Coruña. Segundo espuxo o concelleiro de Cultura, Luis Bará, este ciclo pretende incentivar o establecemento de compañías de teatro galegas e en galego.


E para pequenos

Os nenos terán tamén a súa ración de teatro, co ciclo "Domingos no Principal" que pretende achegar as familias ó teatro nos festivos. Ademais, representaranse obras en horario lectivo dirixido ós centros educativos, ás que se agarda que acodan un 1.500 nenos. Entre o día cinco de novembro e o dez de decembro representaranse obras coma Cousas que foron, ¿Que pasa na praza? ou Pinocho. Os amantes do libro infantil e xuvenil poderán gozar o Salón do Libro deste tipo entre o 10 e o 17 de novembro.


Jazz e Castelao

A música que soará en Pontevedra nos próximos meses será o jazz. O Concello prevé a realización dun ciclo deste xénero despois do éxito dos festivais veraniegos. Grupos de ámbito internacional, aínda sen concretar, actuarán entre os dous e o cinco de decembro. Castelao será homenaxado con dúas representacións teatrais baseadas nas súas obras Cousas e Os vellos on deben namorarse a cargo de actores da Aula de Teatro Municipal. A difusión dos roteiros Castelao realizarase mediante visitas guiadas para alumnos de toda Galicia, ás que xa se apuntaron nove colexios.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Castelao, Pontevedra, Jazz...