Comeza en Pontevedra o congreso que pecha o ano adicado a Castelao

Castelao, In memoriam

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Castelao, co pensamento en Galiza é o nome do congreso sobre a figura do escritor rianxés que comeza hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra. Concello e a Asociación Sociopedagóxica Galega organizan un congreso que pecha a programación do Ano Castelao.

Creando unha arte propia

A primeira xornada, titulada Creando unha arte propia, pretende analizar a creación literaria e artística do autor de Sempre en Galiza. O presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, é o encargado de inaugurar esta tarde o Congreso. Na xornada de hoxe tamén intervirán o editori e especialista en ates da imaxe, Xosé Enrique Acuña que falará de "Castealo: labra estética e acción política" e a profesora Laura Tato que analizará a súa producción teatral. Un inicio de congreso que se ve ampliado pola participacion da Catedrática en Lietratura Hispánica Kathleen N. March e o escritor Gonzalo Navaza que se centra na creación literaria.


Pensando a nación e Apreciando o noso


A segunda xornada está centrada na análise do pensamento de Castelao. Pensando a nación, título da segunda sesión, conta coa presencia de personalidades como Anselmo López Carreira, Catedrático de Historia e Francisco Rodríguez, profesor de Literatura Española. Esta xornada rematará coa celebración dunha mesa redonda que abordará a vixencia do pensamento de Castelao. A terceira sesión, Apreciando o noso, centrase na visión antropolóxica da súa obra, e contará coa presencia de Marcial Gondar, Catedrático de Antropoloxía da Universidade de Santiago.

50 anos da súa morte

O congreso é a actividade máis importante deste ano 2000 no que se celebra o Ano Castelao, que conmemora o cincuenta aniversario da morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Logo, o Concello ten planeado continuar cos chamados roteiros e convocar o Premio Castelao de ensaio que se fallará en xaneiro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito