A actriz Luisa Merelas (A Coruña, 1958) recibirá o Premio da Fundación AISGE no 28º Ourense Film Festival (OUFF). Galardoada nos MarÃa Casares de Teatro en dúas ocasións, Luisa Merelas leva corenta anos de profesión ás costas. Merelas encarnou na ficción a mulleres de gran dureza, inesquecibles para a audiencia; entre elas, a matriarca Dona Carme Matalobos da serie Matalobos, a Amalia da familia CharlÃn en Fariña ou, na gran pantalla, a nai Anta da multipremiada 'As bestas' de Rodrigo Sorogoyen. Actriz de teatro, cinema, televisión e, tamén de dobraxe, Merelas, unha das actrices máis queridas polo público galego, recibiu este mesmo mes o Premio Cinema Galego do festival FIC Bueu pola súa traxectoria. A intérprete recollerá o Premio AISGE na gala inaugural do festival ourensán o 29 de setembro.
Merelas é a terceira muller galega na que recae este ano un dos numerosos premios honorÃficos do festival ourensán. Antes dela designouse á realizadora Olga Osorio (Lugo, 1972) para recibir o Premio Chano Piñeiro para recoñecer a figuras emprendedoras do audiovisual galego e fai poucos dÃas a organización do evento facÃa pública a decisión de outorgar a Mariana Carballal (Albarellos, Monterrei, 1962) o Premio OUFF Ourense deste ano. Carballal recibirá este recoñecemento polas súas facetas como actriz, directora e docente. Profesora desde fai máis quince anos da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) asà coma na facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo deixou pegada en múltiples proxectos e facetas profesionais asà como formando a futuros intérpretes. Licenciada en Arte Dramática, posgrao en Estudos Teatrais e Cinematográficos e master en Teatro e Sociedade, como actriz ha interpretado numerosos papeis tanto en cine e televisión como en teatro, subindo a escena en producións do Centro Dramático Nacional e do Centro Dramático Galego.