O Consello Xeral da Emigración esixe a presencia do colectivo de inmigrnates no Parlamento e nas Cortes

Emigrantes desde a música ás Cortes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Galicia recibiría 180 millóns de euros máis se os galegos da diáspora contaran como poboación da comunidade autónoma. E por este motivo, o presidente do Consello Xeral da Emigración, José Manuel Castelao Bragaña, pediu que a diáspora tivera representación no Parlamento autonómico e nas Cortes. Un feito que obrigaría a reformar a Constitución e a Lei Electoral. O que si poderán facer os emigrantes, é coñecer as tendencias musicais que se están a dar en Galicia. E isto é posible gracias a un acordo subscrito entre a Xunta e a CRTV, polo que a Radio Galega enviará arquivos mp3 dos músicos galegos as emisoras que teñen programas específicos para os emigrantes.

Máis información sobre a reivindicación do Consello da Emigración no Faro de Vigo e sobre a música galega no exterior no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cortes, Diáspora, Ferrol, Castelao...