O traballo de depuración do censo electoral de españois residentes no estranxeiro que está a facer o Ministerio de Asuntos Exteriores eliminou só nun mes os datos de 4.300 dos galegos que figuran neste rexistro por seren incorrectos. O Goberno Central adoptou esta medida para evitar que se contabilicen votos de persoas que están mortas na realidade. Mentres, a Confederación Intersindical Galega presentaba onte un informe no que denunciaba que emigración desde o noso paÃs triplicouse ao longo da última década, sendo mais de 22.500 os galegos que deixaron o paÃs para traballar fóra no ano 2003.
Máis información sobre o censo en El Correo Gallego; sobre os datos de emigración en Galicia Hoxe e en Vieiros