A Deputación da Coruña investirá 500.000 euros no Museo dos Naufraxios

O edificio da Lonxa Vella de Camariñas acollerá tamén espazos para actividades formativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Lonxa Vella de Camariñas

Lonxa Vella de Camariñas

O Museo dos Naufraxios de Camariñas avanza cara á súa creación. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, anunciou este 19 de setembro que a entidade provincial investirá preto de medio millón de euros para que esta instalación museística sexa unha realidade. Formoso fixo este anuncio logo dunha reunón coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, para abordar os seguintes pasos deste proxecto.

O investimento provincial permitirá abordar a reforma interior e exterior da Lonxa Vella de Camariñas, actualmente en estado ruinoso. Con posterioridade, o concello abordará a musealización do espazo, que lle foi cedido por parte de Portos de Galicia.

Para alén da zona musealizada, o edificio contará con zonas para realizar "conferencias ou cursos formativos dirixidos aos traballadores e traballadoras do sector do mar", segundo adiantou a Deputación.

Que che parece esta nova?
114 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camariñas, Naufraxios, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares