O Museo Sargadelos Carlos Maside poderá visitarse os luns e xoves entre as dez da mañá e as dúas da tarde. Ese será o réxime de acceso ao público de aquà ata finais de ano segundo avanzou o xornal La Opinión Coruña. Por medio dunha carta ao consistorio de Sada, onde esta situado, o administrador do grupo Sargadelos, Segismundo GarcÃa, anunciaba recentemente o peche ao público destas instalacións inauguradas o pasado mes de xullo e que ademais obtiveron este pasado mes de agosto o carácter de Ben de Interese Cultural por parte da Xunta. GarcÃa reaccionaba asà á petición por parte do Pleno do Concello de Sada da extensión desa declaración BIC á parte fabril das instalacións de Sargadelos de O Castro ao considerar que iso afectaba negativamente ao desenvolvemento das actividades da empresa.
Os horarios establecidos tras da súa re-inauguración após sete anos pechado, que abarcaban os sete dÃas da semana con ata oito horas diarias entre mañás e tardes, veñen de ser modificados na entrada das instalacións, segundo informa La Opinión, cun cartel de papel colocado na porta do museo que limita o acceso de visitantes a luns e xoves de 10.00 a 14.00 horas. En declaracións ao xornal coruñés recollidas na noticia, Segismundo GarcÃa sinala a este réxime de apertura directamente relacionado co convenio de colaboración coa Xunta, que vence o vindeiro 31 de decembro e polo que o goberno autonómico achega unha cantidade de 20.000 euros para os gastos de apertura do museo. Este novo horario establecido para as instalacións duplica en xornadas o mÃnimo esixido por lei (catro dÃas ao mes e catro horas diarias) para o acceso público a aqueles bens que teñen a consideración de BIC, como é o caso do actual Museo Sargadelos Carlos Maside.