
A sección infantil, que se estreaba este ano tivo como gañadora Papirola, un traballo de Fabián Molinaro. O premio especial do público recaeu no tÃtulo El Bus, da española Sandra Reina. O xurado fixo tamén unha mención ao film Ice Merchants, de João González dentro da categorÃa A Raia.
Tamén en Bueu o Festival Internacional de Curtas fixo público o seu palmarés. Endless Sea, do director estadounidense Sam Shainberg, foi escolleita como filme gañador da sección oficial, cun premio de 2.000 euros. O xurado recoñeceu "a crúa enerxÃa, a súa desafiante produción, a súa magnética interpretación principal e un benvido toque de humor negro". O segundo premio nesta categorÃa foi para Ma mére et moi, da holandesa Emma Branderhorst.
A mellor curtametraxe galega a concurso foi Ulises, do rianxeiro Félix Brixel, mentres Arquitectura emocional 1959, do director cántabro León Siminiani, levou o premio á mellor curta española.Pola súa banda, o público do festival seleccionou o traballo canadense Invincible de Vincent René-Lortie para o seu galardón.
Canda a estes, 30' 70 60' 120, da directora viguesa Marta Valverde, fÃxose co galardón na categorÃa GZ_00, mentres na sección Descubertas impúxose Buurman Abdi, do holandés Douwe Dijkstra. Finalmente, no apartado Escolas Internacionais, o Festival recoñeceu a pelÃcula italiana RaÃces, do Centro Sperimentale di Cinematografia realizado por Sara Moschini, Maddalena Brozzi e Laura Cagnoni.