O Festival Internacional de Curtas de Verín recoñece a Luís Zahera

O programa do Vía XIV desenvólvese ata o 13 de setembro

11/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un coloquio no Auditorio Municipal de Verín será o acto de homenaxe que o Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV lle rende ao actor Luís Zahera. O evento, que continúa o seu programa ata este domingo 13 de setembro, está a proxectar un total de 39 curtas dunha vintena de nacionalidades nas súas catro categorías habituais (Horizontes, A Raia, Nova e Outra Mirada). Para alén doutros protocolocos contra a Covid, o evento retransmite en streaming os actos incluídos na súa programación paralela. Entre as producións que se poden ver no evento están as estreas dos documentais Entroidar, sobre esta celebración tradicional, e mais Hijas de Galicia, Macorinas, que aborda a prostitución entre as emigrantes galegas a Cuba.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Covid, Cuba

Claves

Conceptos
Lugares