A VIII edición do FIC Vía XIV de Verín contará cunha sesión na que se proxectarán e visualizarán algunhas das obras máis valoradas nas últimas edicións do Curtas-Festival do Imaxinario de Vilagarcía, pezas que serán presentadas por membros do equipo directivo deste certame. Unha actividade que está inicialmente programada para o venres, 15 de setembro. Como cada ano, a organización do FIC Vía XIV de Verín selecciona un festival cinematográfico para renderlle homenaxe no marco da súa programación e intercambiar experiencias cos seus responsables ao longo da semana na que se desenvolve o certame. Na súa terceira edición, o foro cinematográfico verinés, que se vai celebrar na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro, instaurou a tradición de contar cun festival convidado e exhibir algúns dos seus traballos máis salientables. Este ano, o certame invitado polo FIC Vía XIV será o Curtas-Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa.
O FIC 2023 xa conta ademais con cartel ilustrador. Un traballo cuxa idea conceptual parte de Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do certame, que foi realizada pola axencia coruñesa The Office. Inspirada na película británica Brazil, de Terry Gilliam, a idea creativa do cartel ilustrador susténtase nunha crítica velada á intelixencia artificial seguindo o universo distópico que propón o filme. "Ante o control absoluto, só nos queda loitar pola imaxinación e a liberdade de pensamento nun mundo que podería resultar opresivo", defende Jorge Godás, autor intelectual do cartel. Na imaxe do cartaz ilustrador do FIC Vía XIV 2023 pódese ler a lenda "Felices futuros imperfectos", toda unha declaración de intencións que fai referencia directa á sinopse da película de Terry Gilliam centrada "nun universo futurista no que reinan as máquinas".