O 21 de outubro, este vindeiro venres, dará comezo en VilagarcÃa de Arousa a 50ª edición do Curtas Festival do Imaxinario, o festival cinematográfico decano de Galicia celebrará ata o dÃa 30 o seu medio século de existencia cunha referencia ás viaxes no tempo, ao coincidir a súa data de inicio (21 de outubro) con aquela á que chegaba Marty McFly, personaxe protagonista da saga "Regreso ao futuro" na segunda entrega da triloxÃa. Por tal motivo as tres pelÃculas desa coñecida saga dirixidas por Robert Zemeckis proxectaranse durante o evento e ademais haberá unha exposición que reunirá unha das maiores coleccións da saga de Europa e a maior de España. Unha gran colección, que inclúe máis de 400 obxectos, roupa dos personaxes, merchandising, autógrafos, produtos "screen accurate" (idénticos aos vistos en pantalla) e por suposto, algunhas pezas orixinais da saga e rarezas. Mesmo un coche Delorean similar ao das pelÃculas poderá verse en VilagarcÃa estes dÃas.
Como é habitual desde a reformulación en 2020 do festival de curtas como "Festival do Imaxinario" o evento, ademais de á arte cinematográfica de xénero fantástico asume tamén unha representación multidisciplinar con outras propostas artÃsticas como a ilustración e a banda deseñada, a literatura ou mesmo a música na súa programación. Dentro das celebracións dos 50 anos do Festival do Imaxinario exhibiranse diversos tÃtulos entre os que destaca a proxección de "Nosferatu" (1922) con motivo do seu centenario e que será musicada en directo polo quinteto Caspervek. Para pechar o festival proxectará un dos tÃtulos máis representativos do musical fantástico, "The Rocky Horror Picture Show" (1975), que contará coa participación da compañÃa madrileña Dramakuin, quen coa pelÃcula como pano de fondo, caracterizados como as personaxes, recrean os números musicais diante da pantalla e coa participación do público transformando o espectáculo nunha gran festa. Entre os invitados ilustres desta 50 edición constan multitude de debuxantes e ilustradores, destacando a presenza de Dave Mckean, un dos máis coñecidos ilustradores e deseñadores de Gran Bretaña grazas ás súas colaboracións con Neil Gaiman ou Grant Morrison.
Máis de 150 proxeccións
Na parte cinematográfica o festival contará cun xurado internacional, conformado pola actriz suÃza Iris Boss, o británico John Currie, fundador do Beeston Film Festival e o luxemburgués Romain Roll. Ata 77 curtametraxes compiten na sección oficial de cine fantástico, 47 curtametraxes na sección de outros xéneros e 16 na de videoarte, ademais 22 longametraxes tamén compiten no festival nas súas propias seccións oficiais. Entre todas eles hai varias pezas asinadas por realizadores galegos: "42º 47′ 38.9” N – 8º 30′ 15.8” O", Miguel Gómez Abad (2022); "Devoradora de Nenos", Fran X RodrÃguez (2022); "Cando o tempo acabe", Miguel Gómez Abad (2022); "Aura", The Also Sisters (2021); "AnatomÃa dunha Serea", Adriana Páramo Pérez (2022); "Unha illa no medio do mar", Alberto Montull (2022); Solpor, Susana Alba (2022); Sauerdogs, Guillermo De Oliveira (2022); "Dúas Cores", Cristina Yáñez (2021); Compañeiros, Fernando Tato (2022); "A Entrevista", Fernando Tato & Susana Sampedro (2022); "As Cachemir de Touso", Diego Doural (2022) e Jakobsland, Roque Cameselle (2022).