O escritor e xornalista Alberto Ramos resultou gañador da vixésima primeira edición do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais que convoca a Deputación da Coruña. A súa obra Conxo, non restraint, sobre a violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo, en Santiago, foi seleccionada polo xurado para este galardón dotado con 6.500 euros.
O xurado, formado por Teresa Moure, Avelina Pérez, Lois Blanco, Sabela Hermida e o gañador da última edición, Roberto Pascual, destacou desta peza de teatro documental "a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada moi acorde co tema que aborda o texto". Ademais valorou positivamente "a ousadÃa á hora de retratar un asunto moi delicado".
Ademais de publicar o texto, a Deputación da Coruña "desenvolverá un procedemento para a selección de propostas e garantir a montaxe e a representación da obra premiada por parte dunha compañÃa teatral galega".