OUFF Game Sessions é o nome da nova sección que o Festival Internacional de Cinema de Ourense estrea na súa 28 edición. Os videoxogos protagonizan este espazo que contará co foro "Videoxogos, a nova narrativa audiovisual" o vindeiro 1 de outubro. No mesmo participarán "catro profesionais e docentes especialistas en videoxogos".
O encontro pretende "poñer de manifesto o valor destes produtos audiovisuais como medio de expresión artÃstica e como ferramenta audiovisual para transmitir e contar historias" ademais de servir "como espazo de reflexión e análise sobre a industria en Galicia e o talento local". David Babarro coordina esta primeira edición do foro.
Canda a isto, o festival outorgará os OUFF Game Awards, que contan con catro categorÃas. Un premio ao Mellor Videoxogo, dotado con 800 euros, e cadanseu para a Mellor Narrativa, Mellor Arte e Proposta máis Innovadora, con 400 euros son as recollidas nesta primeira xeira.
As candidaturas, que se poden presentar ata este 25 de setembro, deberán ser de proxectos que conten cando menos cunha persoa de Galicia nas fases de creación e desenvolvemento. AÃnda que pode estar sen finalizar, as bases establecen que "o tÃtulo debe ser xogable, contando, polo menos, cunha pantalla de inicio, unha pantalla onde se amosen os controis, unha pantalla de gameplay e outra de game over". Ademais, "non se aceptarán xogos descatalogados ou sen distribución; tampouco poden superarse os cinco anos desde que se lanzou o xogo". A organización apunta que no certame "valorarase o uso do galego, ainda que non é condición obrigatoria" nesta primeira edición.
O festival anunciou ademais que lle outorgou a súa Calpurnia de Honra Internacional ao mexicano Arturo Ripstein, a quen a organización define como "mellor director mexicano contemporáneo, multipremiado non só no seu paÃs senón nos festivais internacionais máis prestixiosos".
"Amante dos espellos, das sombras e dos planos secuencia; narrador da soidade das persoas e da súa imposibilidade para reverter a natureza humana", segundo salienta a organización, o cineasta recollerá o seu galardón na gala inaugural do evento este 29 de setembro acompañado por Paz Alicia Garciadiego, guionista e escritora, compañeira do mexicano e colaboradora dos seus filmes.
Con máis de medio centenar de pelÃculas e documentais no seu haber, Ripstein conseguiu recoñecementos como o Ariel de Ouro á súa traxectoria, o galardón Festival Internacional de Cine de Venecia ou varios premios do Festival de Cinema de San Sebastián entre outros. A nova edición do OUFF terá lugar do 29 de setembro ao 8 de outubro.