A primeira edición da Mostra de Teatro Galego en Coímbra reunirá do 28 de setembro ao 7 de outubro unha ducia de nomes propios das nosas artes escénicas arredor dun intenso programa de espectáculos, exposicións, obradoiros, relatorios, lecturas dramatizadas, unha residencia artística e unha feira do libro galego. A Xunta de Galicia colabora nesta iniciativa, coproducida pola compañía portuguesa A Escola da Noite e a asociación Cena Lusófona coa implicación de diversas institucións locais. Na carteleira galega que se ven de presentar figuran cinco espectáculos das compañías Contraproducións, Os Náufragos Teatro, Producións Teatrais Excéntricas, Sarabela Teatro e Teatro do Atlántico, ademais de recoñecidos nomes da nosa escena como Quico Cadaval, Ánxeles Cuña, Cándido Pazó ou AveLina Pérez, entre outros.
O primeiro espectáculo galego que se poderá ver en Coimbra será 'O porco de pé', adaptación da novela homónima de Vicente Risco que Producións Teatrais Excéntricas levará á escena o 28 de setembro no Teatro da Cerca de São Bernardo. Este mesmo escenario recibirá o 1 de outubro a Sarabela Teatro con Arraianos, o 5 de outubro a Contraproducións con Cigarreiras, e o 7 de outubro a Os Náufragos Teatro con Hugo. O quinto espectáculo galego do programa será 'Libre coma os paxaros', de Teatro do Atlántico, que se representará no Teatro Academia de Gil Vicente o 7 de outubro e servirá como peche na xornada de clausura. A presenza da escena galega completarase cos dous espectáculos de narración oral de Cándido Pazó e Quico Cadaval, cunha lectura dramatizada que dirixirá Ánxeles Cuña Bóveda e coa instalación performativa 'Sobre ese silencio', de Avelina Pérez. Pola súa banda, Carlos Santiago e Clara Gayo, xunto a Zé Paredes, actuarán na presentación do libro À mesa. Tamén o baile tradicional galego terá o seu espazo nesta mostra cun obradoiro e un espectáculo de Mercedes Prieto e Sergio Cobos canda ao Rancho Folclórico das Tricanas de Coimbra.
Recuperación de 'Castelao e a súa época'
No marco deste encontro o Centro Dramático Galego contribúe á recuperación de 'Castelao e a súa época', histórico proxecto teatral de Ricart Salvat na súa etapa como director artístico do Círculo de Iniciação Teatral da Academia de Coímbra a finais dos anos sesenta do pasado século. Presentarase en formato de lectura dramatizada baixo a dirección de Carme Portaceli, directora do Teatro Nacional de Cataluña, a partir do texto adaptado por Fran Núñez, director do CDG. Ambas as entidades traballaron conxuntamente co devandito Círculo de Iniciação Teatral e baixo a coordinación de A Escola da Noite e a Cena Lusófona para volver poñer o foco sobre a historia desta malograda peza, que se pensou perdida durante anos.
O Círculo de Iniciación Teatral da Academia de Coímbra, espazo central do teatro universitario no panorama luso, acollerá na súa sede a lectura dramatizada desta peza, que regresa así ao lugar onde Salvat xestou este ambicioso espectáculo, chamado a ser un dos acontecemento teatrais no Portugal de 1969, pero cuxa estrea foi prohibida pola PIDE e o director catalán expulsado do país coa súa familia. Ideado como unha montaxe de teatro documental a partir de textos de grandes figuras das letras portuguesas, galegas e españolas, a singularidade do proxecto residía tamén na participación de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo na parte plástica, xunto co arquitecto Armando Alves Martins, ou de José Niza como tradutor e compositor.