Adif restaura o mapa ferroviario mural de Monforte

A obra que decora a estación fora pintada por un delineante de Renfe en 1954

5/9/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O mural que decora a estación ferroviaria de Monforte e que representa as liñas de tren galegas a mediados do século XX está a sufrir traballos de restauración. A empresa ADIF, que xestiona as infraestruturas ferroviarias a nivel estatal, encargou este labor logo da reclamación que presentara a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, que destacaba o valor histórico desta peza.

Segundo publica La Voz de Galicia, a peza foi pintada en 1954 por Cándido Fernández Inchaurbe, delineante de Renfe, a coincidir con obras de ampliación da estación. Para alén do trazado de vías entón existente no país, representa estacións e elementos destacados das localidades comunicadas por ferrocarril naquel entón.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia

Claves

Entidades