Unha fundación recollerá o legado do artista lucense José Vázquez Cereijo

O vindeiro día 8 presentarase a Fundación VACAN impulsada pola súa viúva

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteSociedade
Compartir:

O legado do artista e coleccionista lucense José Vázquez Cereijo (1940-2016) terá difusión grazas a unha fundación creada pola súa víuva, Anne Nikitik, que se presentará o vindeiro día 8 de setembro. O Museo Interactivo da Historia de Lugo será o lugar escollido para dar a coñecer a Fundación VACAN (Vázquez Cereijo-Anne Nikitik) que, segundo avanzan os medios locais, terá a súa sede no barrio da Milagrosa. Vázquez Cereijo foi pintor, gravador e coleccionista, participou en numerosas exposicións colectivas e individuais. Sobriño do poeta Luis Pimentel, tamén tivo na escrita de poesía outra das súas maneiras de expresión. Comezou a estudar pintura aos 10 anos no Círculo de las Artes onde entrou en contacto con Manuel María, Uxío Novoneyra ou Celestino Fernández de la Vega. Posteriormente tamén tería amizade con celo Emilio Ferreiro, Maruja Mallo e Eugenio Granell, entre outros. O seu legado componse ademais de obras propias, de outras moitas pezas relacionada coa antropoloxía, a arqueoloxía, a música ou a documentación histórica.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruja Mallo, Uxío Novoneyra, Celestino Fernández de la Vega, Manuel María...