Fernández Abella, nado en Monforte, desenvolveu un intenso labor de activismo cultural, a participar en entidades como a Universidade Popular de Ortigueira, a SAF (Sociedade de Artistas Ferroláns), a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), a Fundación Castelao, a Fundación Alexandre Bóveda, ou Museo do Pobo Galego entre outras. O seu corpo foi soterrado no cemiterio de Ortigueira, onde exerceu de mestre durante quince anos, este venres 18 de agosto.