Comeza unha nova edición do festival Intercéltico do Morrazo

Desde hoxe e ata o sábado acollerá grupos tradicionais locais e galegos ademais irlandeses e escoceses.

26/7/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O Festival Intercéltico do Morrazo dá comezo hoxe unha nova edición que se prolongará durante a fin de semana. Hoxe terán lugar as actuacións dos grupos tradicionais locais Arco da Vella, Meiramar-Axóuxeres e Breogán. O xoves será a quenda da formación Gaiteiros de Moaña, Salgharitas, Solainae Charaviscas e será a partires do venres cando o cartel musical acolla aos artistas da escena folk galega e allea máis importantes. Así o venres actuarán en Moaña Camaño&Ameixeiras e os irlandeses Goitse, mentres que o sábado poderá verse a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre así como el escocés Calum Stewart.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morrazo, Moaña, Xabier Díaz, Breogán...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares