O novo álbum de Xabier DÃaz e Adufeiras de Salitre leva por nome Noró (algunhas músicas do Norte) (Músicas de Salitre, 2018) e chega hoxe a todas as tendas e plataformas marcando coa súa saÃda unha das datas relevantes do ano no que á musica galega se refire. Noró ofrécenos 13 temas de carácter tradicional pero de composición propia que sitúan o combo formado por DÃaz e as Adufeiras de novo na punta da contemporaneidade con raÃz.
Case tres anos despois do exitoso The Tambourine Man (Músicas do Salitre, 2015) e con innumerables actuacións ás costas DÃaz e as Adufeiras volven cheos de enerxÃa e cun evidente e coidadoso traballo de composición e produción musical con este disco que abre o tema Baile de Noró que tamén se presenta en vÃdeo como tema de saÃda. En Noró distribúese o protagonismo máis entre DÃaz e o coro das Adufeiras que no anterior álbum e de novo conseguen sacar dos ritmos tradicionais e dos instrumentos clásicos do folk sons que reflicten o sentimento e a actitude máis actuais. Ademais dese tema de saÃda que fai homenaxe clara ao goce da música e a identidade cultural a través do baile, o disco ábrese a seguir con dous cancións de enorme potencia e sentimento chamadas a ser emblemáticas nas postas en escena do disco: Unha fala e un cantar e Voa o aire. DÃaz presenta tamén dous temas cantados en castelán, La niña de la arena e No pido licencia a nadie na que fai ligar a nosa tradición coas de outras culturas do sur e de latino América. Por todas estas achegas que fai Noró o disco está chamada a ser un dos grandes éxitos da música galega neste 2018. O álbum gravouse nos estudios A Ponte de Santiago. A xira ábrese o vindeiro 24 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo desa cidade, pasando posteriormente ao dÃa seguinte por Santiago na Sala Capitol e xa en marzo no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña. O grupo ten tamén confirmadas actuacións en outros lugares de España e xira por Alemaña e Bélxica.