A segunda edición do ciclo Ultreia et Suseia celebrarase en Sarria entre o 16 de xullo e o 23 de agosto. Ultreia et Suseia, cuxo nome fai referencia ao histórico saúdo no Camiño de Santiago e que se pode traducir do latÃn como "Segue adiante, máis arriba", ten un cartel de actividades conformado totalmente por artistas galegos. É un proxecto multidisciplinar, que busca consolidarse a medio prazo como un espazo de posta en valor do traballo das distintas asociacións culturais da comarca Sarria, dos seus artistas e dos distintos axentes culturais galegos. O evento será, fundamentalmente, de balde ofrecendo espectáculos de artes escénicas de narrativa oral tanto para público adulto como familiar, os paseos teatralizados de carácter didáctico 'CamiñografÃas' e a estrea absoluta do espectáculo de comedia dos influencers Pepe y Lucas. As únicas actividades de pago serán os espectáculos cómicos Recuncho da Comedia -un show especial exclusivo para o evento de David Amor, Pablo Meixe e Danny Boy-Rivera- que abrirá o ciclo o 16 de xullo, Xosé A. Touriñán o 22 de xullo e LuÃs Piedrahita que pechará a programación o 23 de agosto.
Unha das grandes novidades desta edición de Ultreia Et Suseia é a aposta pola incorporación de asociacións culturais da comarca de Sarria. Xa está confirmada a participación de Peleiriños, Meigas e Trasgos, Huhú e Rúa dá Música. Ultreia Et Suseia está organizado pola produtora Etiqueta Negra e apoiado polo Concello de Sarria. Os espectáculos de artes escénicas enfocados á narrativa oral, que serán de balde, inclúen a sesión de contacontos de Raquel Queizás, 'TravesÃas'. Un espectáculo que conxuga monicreques e narrativa oral cunha perspectiva de xénero que rompe coa idea do papel da nena nos contos tradicionais. Polo mesmo camiño vai o espectáculo de Eva Rilo Elas, que ten á igualdade como protagonista. Tamén haberá actividades de artes escénicas pensadas exclusivamente para un público adulto. Atenea Fernández en 'Vicio Houbo Sempre' mostrará historias recollidas nos últimos anos dos seus protagonistas. Ademais, Paula Carballeira en 'Os Contos Que Me Contaron' mostrará os seus máis de vinte anos de experiencia no oficio. Nesta segunda edición de Ultreia Et Suseia volven as CamiñografÃas, paseos teatralizados que mostran a historia de Sarria, a súa comarca e a súa relación co Camiño de Santiago. Nesta ocasión, celebraranse dous debido ao éxito da actividade na súa primeira edición. Serán o dÃas 17 e 24 de xullo e serán de balde.