A crise creativa dunha autora que, nun soño, esperta no Olimpo para poñer unha reclamación. Este é o argumento de Musas de metal, o texto co que Déborah Vukusić se facÃa este 5 de xullo co VII Torneo de Dramaturxia de Galicia.
O certame, que convoca a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas en colaboración con DramaturGA, a Asociación Galega de Dramaturxia, permÃtelle ao público asistente ao evento escoller a mellor proposta entre catro finalistas, que se representan mediante lecturas dramatizadas a cargo de profesionais da interpretación.
Marián Bañobre e Cris Iglesias foron as encargadas de poñerlle voz á historia gañadora, que se presentou no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela con Esther F. Carrodeguas como mestra de cerimonias no medio dun ring de boxeo.
Canda a Vukusić participaban nesta xeira do encontro Manuel Cortés, con O inesperado encontro entre William Henry Gates III e o incerto señor Stephen William Hawking I, Ana Abad de Larriva co texto Os robots non saben abrazar e mais J. L. Baños de Cos con UxhÃa ou a falta de amor. Todos eles tiveron que elaborar textos cómicos dun máximo de quince minutos de duración para o torneo.