Non é habitual na novena arte galega que unha BD nada como unha encarga institucional esperte o interese comercial e que mesmo sexa traducida a outras linguas. No entanto, isto é o que acaba de acontecer con Elisa e Marcela de Xulia Vicente. A obra que orixinalmente promoveu o Consello da Cultura Galega en 2020 ve agora a luz en castelán da man da editorial La Cúpula.
Con 36 páxinas, ao igual que a edición galega, esta obra que narra a historia do primeiro matrimonio homosexual do que existe constancia a nivel estatal, sae á venda por un prezo de 8,50 euros. A versión orixinal en galego pódese descargar do web do Consello da Cultura. Tamén se fixo no seu momento unha edición fÃsica da obra que se distribuÃu de balde por diferentes institucións e que na actualidade está esgotada.