
De xeito paralelo, Xulia Pisón acaba de presentar o terceiro volume de Microalgas, unha serie que nacera tamén da man da Universidade da Coruña. Máis alá da terra leva a os seus amigos a Marte, "un planeta que alberga a última esperanza para a humanidade" no que enfrontarán diferentes aventuras. A obra ve a luz nunha tripla edición en galego, castelán e inglés.
A editorial Galaxia, pola súa banda, tirou do prelo Sentinelas da lúa carmesÃ, asinada por Alexandre Senande, Ozo Perozo e Andrés Castro. Nesta obra de xénero fantástico para público xuvenil o grupo protagonista tentará integrar de novo o mundo dos seres mÃticos e o dos humanos. O tÃtulo súmase a outros lanzamentos recentes da firma como Os ollos do irmán eterno. Este volume traduce ao galego a adaptación que Borja Pérez realizou da novela homónima de Stefan Zweig. Tamén está a chegar ás librarÃas A brigada iridiscente, a historia dun grupo de crianzas que se atopan atrapadas nun labirinto de atracción inchables.