Tulipa editora presenta na SELIC a súa colección bilingüe de poesía

Dous poetas galegos teñen obra nela con traducións ao castelán e ao francés

| Santiago. Redacción | Seccións: LIteraturaLingua
Compartir:
Tulipa editora presenta na SELIC a súa colección bilingüe de poesía

A nova editorial santiaguesa Tulipa ven de sacar unha colección, Colección 10x15, con cinco cadernos de poesía bilingües nos que o galego é sempre un dos dous idiomas, ampliando así o corpus de poetas doutras linguas que parecen editados na nosa. A editorial está presente co seu catálogo na SELIC da Praza da Quintana estes días, onde ven de presentar ás dúas últimas obras editadas nesta colección. O poeta galego Juan Bello é coordinador da colección e autor dunha destas obras escrita orixinalmente en castelán, Casa, que abre a colección. A obra de Vicente Vázquez Os afluentes aparece no seu orixinal en galego e tamén traducida ao francés do Quebec. Completan a aposta os libros En espera, da autora chinesa Man Li; Este é o agasallo que lle dou o meu corpo, da americana Robin Myers; e Alén dos Mapas, da poeta malagueña Paola G. Sepúlveda.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Vicente Vázquez, Praza da Quintana, Lingua galega

Claves

Protagonistas