Hoxe celébrase o DÃa Europeo da Música e na sede galega da Fundación SGAE en Santiago ese é o motivo sobre o que se funda o Festival Acento. Este evento de libre acceso chega este ano á súa cuarta edición buscando a posta en valor de artistas galegos no marco da celebración. A terraza traseira do edificio, aberta ao público no parque Vista Alegre , será o escenario no que soarán un conxunto de variado de artistas da escena musical galega.
A partires das 19,30 hrs. soarán os traballos de dous valores emerxentes: Marián, premiada no certame da Xunta Xuventude Crea, e Rhome, cun proxecto titorizado por Iván Ferreiro. A continuación, será a quenda do quinteto galego-portugués Néboa e a súa proposta que vai desde o pop de autor á electrónica alternativa. Pechará a sesión o novo pop do dúo compostelán Blanco Palamera, cunha selección de temas do seu repertorio e do seu segundo e último disco Intimidade.
Tamén en Pontevedra
Pola súa banda a Deputación Provincial de Pontevedra celebrará tamén a efeméride na provincia baixo o lema "Música para xirar o mundo!" con dúas accións no espazo público das cidades de Pontevedra e Vigo. As accións comezarán no exterior do Pazo provincial, en Pontevedra, ás 17:30 horas co concerto familiar encabezado por Pitusa Semifusa, e continuarán na Porta do Sol de Vigo, ás 20:00 horas, con outro concerto a cargo de Nastasia Zürcher e The Beauty-Full Band, este último xa enfocado ao público xeral.