
O templo de Sacos será o que reciba un maior investimento, cun contrato de ata 304.289 euros destinado a obras de restauración. As mesmas afectarán á renovación da cuberta, melloras na drenaxe perimetral, limpeza de fachadas, eliminación de sales da pedra e de revocados de cemento, asà como o recambio das carpintarÃas exteriores, actuacións todas elas destinadas a eliminar humidades e condensacións no edificio. Ademais, substituirase a actual tribuna de formigón e mais das portas actuais por pezas de madeira.
A igrexa de igrexa de San Pedro de Correxais, VilamartÃn de Valdeorras, verá pola súa banda traballos de restauración das bóvedas de cruzarÃa elaboradas en madeira das capelas laterais do cruceiro por valor de 127.160 euros. As actuacións inclúen fixación, consolidación e protección da policromÃa, limpeza, melloras estruturais para garantir a consistencia do conxunto, e mesmo reconstrucións parciais, con reproducións de elementos perdidos.
Na capela da Soidade da Venerable Orde Terceira en Lugo as obras afectarán á restauración do pavimento e á eliminación de humidades, cun orzamento de 186.776 euros. Para alén de substituÃr o pavimento actual, realizarase unha nova revocadura de morteiro de cal nos muros, mudaranse as carpintarÃas e mellorarase a drenaxe deste espazo. Tamén se realizarán catas para verificar a existencia de pinturas murais no conxunto e mais comprobar o potencial arqueolóxico da área de actuación.