Chega o verán e ademais de poñerse en forma facendo deporte pode ser o momento para reforzar a nosa lingua. A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron hoxe unha aplicación de xogos chamada Ximnasio Léxico para "reforzar o vocabulario normativo". O obxectivo é darlle aos falantes "seguridade e naturalidade na expresión a todos os falantes". Segundo Carmen Arias, directora da Fundación Barrié, "levabamos moitos anos facendo preguntas ao dicionario: agora pregunta el". O Ximnasio foi probado antes do seu lanzamento entre alumnado de centros de ensino rurais e urbanos. A app dispón de seis xogos nos que os usuarios poden adestrar e tamén competir. Os xogos Bule, Rube e Une constitúen o núcleo da aplicación, onde se concentran os principais esforzos. As Vitaminas só aparecen cando se acada un determinado número de puntos. Todas se basean en xogar co léxico, coa presenza de palabras en ditos, asà como versos ou tÃtulos da literatura galega.