Un pinchacarneiro metido no peto

O CCG e o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego presentan o web de Xogos Tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A fungona. Ilustración: Nuria Díaz

A fungona. Ilustración: Nuria Díaz

"O obxectivo non era facer un catálogo descritivo, senón consultar e botarse a xogar", explicou Paco Veiga, voceiro do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego, na presentación hoxe á mañá do web Xogos Tradicionais. O proxecto foi realizado polo Consello da Cultura Galega xunto co Observatorio, e está dispoñible na web da institución, así como nunha aplicación de balde que se pode descargar en Android ou en iOS. O proxecto reúne case 50 xogos tradicionais do país, acompañados de ilustracións de Nuria Díaz, co obxectivo de achegar unha ferramenta en liña "como un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano", entre outros potenciais usuarios. O proxecto tamén xa a está a ser difundido entre as asociacións europeas dedicadas á recuperación dos xogos tradicionais.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nuria Díaz, Asociacións, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos