A Fundación Barrié patrocinará o traballo lexicográfico da RAG

O Seminario de Lexicografía da Real Academia traballará na sede Fundación na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os traballadores do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega trasladaranse desde as súas actuais instalacións en Compostela á sede da Fundación Barrié da Coruña. Este é un ámbitos que trata o convenio que as dúas institucións asinaron José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, e Xosé Luís Méndez Ferrín, o seu homólogo na RAG. O acordo contempla tamén o desenvolvemento dunha versión para móbil do dicionario da Academia e dunha aplicación específica para a edición deste proxecto. Ademais desenvolverase un web chamado Portal das palabras que pretende "divulgar e aumentar a interactividade do patrimonio lexicográfico da Academia coa súa comunidade de usuarios", segundo explica a RAG.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, A Coruña, Méndez Ferrín, Dicionario...