Presentan a tradución ao galego medieval dun libro de veterinaria

O Liber de medicina equorum viu a luz da man do ILG e da Fundación Barrié

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Presentan a tradución ao galego medieval dun libro de veterinaria

Considerado un dos máis importantes tratados medievais sobre veterinaria, o Liber de medicina equorum de Giordano Ruffo, circulou no seu tempo por toda Europa e foi traducido a diferentes linguas, entre elas o galego. Agora, da man do Instituto da Lingua Galega e mais da Fundación Barrié acaba de ver a luz un volume no que o investigador Gerardo Pérez Barcala presenta unha edición deste texto no que, a respectar as formas lingüísticas do momento, corrixe erros de anteriores versións. O traballo de Pérez Barcala revela ademais a importancia do léxico presente na obra, na que aparecen por vez primeira diferentes palabras da nosa lingua, nomeadamente as referidas a cabalos, as súas enfermedades e os seus coidados.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medicina, Fundación Barrié, Tradución, ILG...