Aínda que resulta máis habitual que as academias repartan premios tamén hai contadas ocasións nas que ocorre noutro sentido,. É o caso da Academia Galega do Audiovisual que ven de recoller un galardón en Valencia no marco dos Premis AAPV que outorga a Associació d'Actors i Actrius Professionals Valencians. A entidade galega foi recoñecida co Premi Taules por "converterse nunha institución de referencia ao construír un selo propio e significativo do audiovisual galego". O Premi Taules é un dos dous galardóns honoríficos que entrega cada ano a AAPV e recoñece o traballo de institucións que, aínda que pertenzan a outras comunidades autónomas, defenden e promoven o labor dos intérpretes valencianos. Opremio foi recollido por Miguel Mariño e Marisela Lens, director e xerente da AGA, que na súa intervención fixeron extensivo o premio ao resto de institucións e entidades públicas e privadas e ao resto de asociacións do sector audiovisual galego, por contribuír á creación dese "selo propio e significativo" ao que fai referencia o premio.
Renovación da xunta directiva
Outras das novidades recentes da AGA ten que ver coa renovación da súa xunta directiva, un mandato estatutario bianual da institución que levou a que académicas e académicos elixiran a composición dun novo equipo para dirixir a acción da entidade durante os próximos dous anos. Na asemblea celebrada o pasado 9 de xuño elixiuse por unanimidade ao grupo liderado polo actual presidente da Academia, Álvaro Pérez, que nesta nova etapa contará con catro novas incorporacións: a script Alba Gallego, a cineasta Anxos Fazáns, a directora de fotografía Lucía Catoira e o distribuidor Milo Baños. Repiten na xunta directiva con Álvaro Pérez Becerra, Carmen Méndez, Pepe Coira, Saamira Ganay, Sonia Méndez e Xavi Font.