Xerardo Estévez e Einsenman: pragmatismo e idealismo na arquitectura

Artitectura

O Salón do Patrimonio Cultural (SIPAC) comezou onte no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago con dúas visións ben diferenciadas. En primeiro lugar o arquitecto norteamericano, Peter Eiseneman, responsable da cidade da Cultura, reivindicou a capacidade dos soños e dos símbolos dentro do proxecto constructivo da arquitectura. Máis pragmático, o ex-alcalde Compotelano aproximouse a visión da cidade histórica como proxecto. Dúas visións que tiñan un mesmo referente: Compostela.

Arquitectura para soñar


O responsable da Cidade da Cultura, Peter Eisenman, foi o encargado de inaugurar onte no Pazo de Congresos o Salón do Patrimonio Cultural. Unha conferencia que titulou "Momentos e memoria: Aproximación ó World Trade Center" a través da cal o arquitecto norteamericano centrouse na capacidade da arquitectura para "crear memoria" de determinar que un proxecto constructivo ha de ter a referencia dos símbolos. De feito, durante en toda a súa ponencia estivo de fondo o atentado do pasado 11 de setembro contra as Torres Xemelgas de Nova York. Un feito que él considerou que puxo de relevancia a importancia e a memoria histórica dos propios edificios.
Eisenman declarou que nos tres proxectos que actualmente leva entre mans impregnará a súa filosofía de soños e de símbolos. Un deses proxectos está desenvolvéndoo en Compostela: é a Cidade da Cultura que considera un dos seus proxectos máis importantes. Destacou como principal activo deste proxecto o feito de que é un lugar que permitirá a través da arquitectura "activar a memoria do pasado".












Pragamatismo constructivo


Outra das conferencias do primeiro día do SIPAC, foi a do ex-alcalde compostelano, o arquitecto Xerardo Estévez. Unha conferencia na que analizou "a cidade histórica como proxecto". Nesta dirección apuntou a necesidade de analizar a situación cotiá do conxunto dos cidadáns antes de poñer en marcha un plano de recuperación da cidade.
Nesta dirección achegouse á cidade histórica como cultura e como práctica, onde adquiren especial importancia da tradición e do espírito no que se inspire cada proxecto.
A súa ponencia conectaba directamente coas exposicións que ten lugar na planta baixa do Pazo de Congresos nas que se fai un percorrido pola xoeografía histórica de gran parte das cidades españolas.






Intervencións e máis actividades

Completan as conferencias expositivas unha serie de mostras e de stands de institucións públicas e privadas (as empresas que xestionan os seus proxectos). Uns paneles nos que destacou os proxectos de intervención realizados en Compostela e os que actualmente se desenvolven en Ourensen, Bilbao ou Vitoria.
Na primeira xornada do SIPAC aproveitouse a ocasión para presentar a Asociacion Española de Empresas de Restauración do Patrimonio Histórico, unha asociación que destaca a importancia deste proxecto e da rehabilitación de zonas importantes culturalmente