Expertos internacionais como Peter A. Kraus (Universidade de Augsburgo) ou Bernadette O'Rourke (Universidade de Glasgow) participan canda expertos galegos e doutras nacionalidades ao redor dos desafÃos da lingua galega na actualidade. Trátase dunha nova entrega do Foro "Pensar o mundo dende Galicia" que organiza o Consello da Cultura Galega co gallo do seu 40 aniversario. Segundo a entidade, trátase de "debater sobre as posibilidades que para o idioma galego se abren nun futuro que se contempla como un contexto de profunda transformación no relativo á ecoloxÃa da diversidade lingüÃstica e de reforzo do plurilingüismo", ao tempo que se "avaliará como esas transformacións se producen en paralelo ao evidente declive dos modelos identitarios baseados na identificación lingua-Estado ou en conceptos que precisan unha revisión crÃtica como o de lingua nacional". O evento pode seguirse en directo pola rede a través do sitio do Consello da Cultura Galega.