O festival Raizames celebra a cultura do viño en Taboada

Catas, concertos e presentacións de libros entre o 9 e o 11 de xuño nesta vila lucense

Entre este venres 9 e o domingo 11 de xuño Taboada acolle a primeira edición do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra. O encontro consiste en proxeccións audiovisuais, roteiros, mesas redondas, actividades de danza, concertos, sesións de contacontos, presentacións de libros e, por suposto, catas. Trátase dunha "viaxe identitaria a través do tempo e a historia" que organiza Noa López Producións coa asesoría vitivinícola de Roberto Regal e a colaboración de numerosas institucións. O núcleo das actividades será a praza de Riazón, en Taboada. Entre as actividades, o Roteiro "Canta arte se agocha nunha cunca de viño", que xa ten as prazas esgotadas, un concerto de Sabela King and the heartbreakers o sábado ás 14 horas ou un videofórum co documental Os gardiáns da ribeira presente.