A Praza dos Libros medra en Carballo

A feira da creatividade cultural celébrase entre o 20 e o 24 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Praza dos Libros medra en Carballo

Coa incorporación de Fanzinadas, unha mostra dedicada á autoedición, e dunha sesión vermú, Carballo prepárase para celebrar, entre os vindeiros 20 e 24 de agosto a Praza dos Libros. A nova edición da "feira da creatividade cultural" chega á vila bergantiñana a prestar unha especial atención aos máis novos, para os que están previstos concertos como os de Brinca Vai, A Gramola Gominola ou Chuches Amil, ademais de diversas actividades. Canda a eles, os adultos teñen un programa cheo de presentacións literarias e actividades que inclúen un roteiro de arte urbana pola cidade ou de concertos como o de poetarras.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo, Feira, Chuches Amil, A gramola gominola...

Claves

Conceptos
Lugares