Volta a Compostela o encontro de autoedición Funfunfun

Celébrase o sábado dez de xuño no local da Asociación Itaca

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Volta a Compostela o encontro de autoedición Funfunfun

Logo de se ver interrompido pola pandemia, o encontro de autoedición Funfunfun regresa a Compostela. O local da Asociación Itaca acolle a que será a quinta xeira deste evento, que organizan Funfunfun Headcuarters e mais a Asociación Metrópoles Delirantes, e que conta por vez primeira co patrocinio de Puntogal.

Como é habitual, o mercado de fanzines e proxectos autoeditados supón o eixe desta convocatoria. Propostas de Chano Ripio Molina, Luis Yang/Amorcito, a Distribuidora Anarquista Polaris e Pepunto.Reik fan parte desta proposta.

Canda a isto, o programa de actividades inclúe a presentación da plataforma de autoedición Tórculo pérgamo, sesión vermú con Dj e, xa pola tarde un "Debate sobre o estado da Fanzinación" no que se repasará o estado da autoedición postpandémica da man de Paula Esteban, da organización do encontro Autobán, do editor David Calviño (Kalvinger) e da autora e ilustradora Xulia Pisón, con moderación de Xaime Lis.

Unha nova sesión musical e a presentación das publicacións do Autobán e do FunFunFun dará paso á mesa Disidencias no Fanzine, que abordará cuestións de xénero neste ámbito. Neves Rodríguez moderará este encontro que conta cos colectivos
Guísomo eu! e A muller de 6 ollos, así como coa artista e fanzineira Greta Debelius.

O tradicional combate de debuxantes fechará a xornada por volta das 21 horas. Todas as actividades son gratuítas e abertas ao público.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Autobán, Neves Rodríguez, Xénero, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos