Nace Metrópoles Delirantes un programa de radio dedicado á BD

Os autores galegos que participaron nas 24 horas de Angoulême amosan os seus traballos

Un programa de radio pioneiro dedicado a banda deseñada e feito en galego. Nieves Rodríguez é a presentadores de Metrópoles Delirantes, unha iniciativa que se daba a coñecer a pasada semana e que ten a súa primeira entrega xa dispoñible na rede. O proxecto, que se integrará na programación da radio en liña do proxecto CampUSCulturae, conta coa colaboración de difernetes afeccionados, críticos e libreiros do país, como Pedro Rey, Sanmi, Rocky Mapache e o Sr B.

De xeito paralelo, no web das 24 horas de BD do festival de Angoulêmes pódense consultar as obras dos autores galegos que participaron neste desafío, consistente en debuxar 24 páxinas de BD noutro tampo tempo a partir dunhas regras definidas pola organización. Para alén de Fernando Iglesias Kohell, que participou na categoría profesional e non conseguiu completar o reto, pódese ler tamén o traballo de Pepe Mansilla, que no apartado de afeccionados si que acadou debuxar as 24 páxinas requeridas.